InicioA UlloaInterceptado un condutor que triplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida tras...

Interceptado un condutor que triplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida tras circular en zigzag

Obtivo positivo de 0,85 mg/l, que supón máis do triplo da taxa máxima permitida.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil interceptou a un condutor que triplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida despois de circular en zigzag polo termo municipal de Monterroso.

Segundo informou o Instituto Armado, imputou en calidade de investigado un veciño da localidade lucense de Chantada de 34 anos de idade como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria.

Supostamente esta persoa investigada circulaba cun turismo pola estrada LU-212 ao seu paso por Monterroso “de forma neglixente, en zigzag”, detalla a Benemérita, polo que foi proposto para sanción por condución neglixente. Ademais, realizáronlle a proba de detección alcohólica, na que obtivo positivo de 0,85 mg/l, que supón máis do triplo da taxa máxima permitida.

Por outra banda, a Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Lugo de 62 anos de idade como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria ao superar as taxas establecidas. Na madrugada do día deste domingo na autovía A-6, no termo municipal de Lugo, realizouse proba de detección alcohólica na que obtivo unha taxa de 0,93 mg/l.

As persoas investigadas en relación con estes feitos foron postas a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...