InicioSociedadeTramitadas 14 denuncias a 7 locais de lecer nocturno de Lugo por...

Tramitadas 14 denuncias a 7 locais de lecer nocturno de Lugo por incumprir a normativa Covid o fin de semana

As multas poden ascender a 500 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou 14 actas de denuncia a sete locais de lecer nocturno desta cidade durante as noites do pasado venres e sábado por non requirir o certificado Covid, non rexistrar clientes ou incumprir o horario de peche.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, durante as noites do venres e sábado pasados efectivos do Grupo Operativo Nocturno estableceron un dispositivo especial para o control do cumprimento da normativa Covid, no que foron realizadas 14 actas de denuncia por infraccións á Lei de Saúde de Galicia.

En concreto, tramitaron seis actas de denuncia por non requirir aos clientes a presentación dun certificado Covid, unha proba diagnóstica realizadas nas últimas 72 horas ou un certificado de recuperación.

A elas súmanse seis denuncias por non rexistrar aos clientes que accedían ao local e outras dúas actas por quebrantar o horario de peche establecido para eses establecementos. Por cada unha destas infraccións, puntualizan as mesmas fontes municipais, os axentes propuxeron sanción de 500 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...