InicioLugo e contornaLugoSancionado con 200 euros un condutor por aparcar en zona de discapacitados...

Sancionado con 200 euros un condutor por aparcar en zona de discapacitados co cartón dun familiar morto

O Concello informou á Policía Local de que o cartón estaba a nome dun falecido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou a un condutor que estacionaba en zona de discapacitados co cartón dun familiar falecido, polo que foi sancionado con 200 euros.

Segundo relatou a Policía Local, durante varios días da semana pasada, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio detectou dous turismos diferentes estacionados en zona reservada para discapacitados cun cartón á vista de estacionamento expedida nun concello da provincia de Lugo.

Os axentes puxéronse en contacto con ese Concello, que lles informou que estaba a nome dunha persoa que falecera, polo que quedaba anulada, pero era utilizada polo condutor destes vehículos de “unha maneira fraudulenta”, destacan as mesmas fontes policiais, porque estas “se conceden a persoas con mobilidade reducida, con carácter persoal e intransferible”.

Na mañá do pasado 13 de novembro axentes detectaron un vehículo estacionado nunha praza reservada e sinalizada para o uso exclusivo de discapacitados en Lugo. Tiña visible este cartón, polo que foi denunciado con sanción de 200 euros e a retirada do turismo polo servizo de guindastre ao depósito municipal.

Aos poucos minutos acudiu ao lugar o que se identificou como condutor do vehículo, ao que informaron da retirada polo “uso indebido do cartón” para discapacitados. O individuo alegou que era do seu sogro que estaba nun centro de saúde próximo e, posteriormente, ao informarlle das investigacións practicadas, “non tivo máis remedio que admitir o uso indebido”, subliña a Policía Local.

Así mesmo, foille intervido o cartón para a súa remisión ao órgano competente da Xunta, xunto coa correspondente denuncia polo uso fraudulento deste documento, explican as mesmas fontes policiais.

Ademais, os axentes tiveron acceso á necrolóxica do falecemento do titular do cartón, na que figura o nome do condutor como familiar directo, que utilizaba “de forma fraudulenta este documento para aproveitarse destes estacionamentos”, conclúe a Policía Local, “co agravante de impedir que outras persoas con discapacidade puidesen empregalos”.

ÚLTIMAS

Estabilizado un incendio forestal en Pantón que afecta a unhas 40 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...