InicioEconomíaCompra por valor de 10€ nos comercios da provincia e poderás gañar...

Compra por valor de 10€ nos comercios da provincia e poderás gañar bonos desconto de 30€

Merca na provincia de Lugo tenta impulsar o comercio local.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A nova campaña Merca no comercio local. Merca na provincia de Lugo incentivar as vendas no comercio de proximidade da provincia na recta final do ano. Presentouse hoxe e está financiada grazas á achega que fai a Deputación de Lugo á Federación de Comercio de Lugo.

Esta iniciativa ten como finalidade poñer en valor “a calidade do noso comercio local, a calidade e a atención que ofrecen as tendas dos nosos barrios e das nosas vilas, destacar o seu peso fundamental na economía e no emprego, e incentivar as vendas nesta recta final do ano da volta á normalidade”, subliña o Presidente provincial, José Tomé Roca.

Con esta campaña premiase con descontos aos clientes que confían no comercio local facendo as súas compras neste tipo de establecementos e, ao mesmo tempo, búscase incentivar as compras nas tendas físicas, especialmente agora nos meses de novembro e decembro cando o comercio de sempre se ve máis afectado por campañas en internet e polas das grandes superficies.

A campaña Merca no comercio local. Merca na provincia de Lugo nace da estreita colaboración da institución provincial co comercio, e así o explicou o mandatario provincial.

Sorteos de 1.000 bonos

Merca no comercio local. Merca na provincia de Lugo desenvolverase dende este luns, 15 de novembro, ata o último día de decembro. Consistirá no sorteo de bonos de consumo de 30 euros cada un para gastar nos 5.500 establecementos comerciais minoristas da provincia de Lugo, seguindo a estratexia dos Bonos Impulso da Deputación, xa que resultaron ser un éxito. “Tanto os comerciantes, como os consumidores estiveron moi receptivos e fixeron compras que superaron as expectativas, polo que agora repetimos cunha fórmula semellante”, subliñou o Presidente.

Os consumidores participan nos sorteos ao realizar as súas compras feitas no comercio local por un importe mínimo de 10 euros. Celebraranse sorteos semanais para repartir un total de 1.000 bonos para investir nos negocios da provincia, “o que supón poñer en circulación 30.000 euros en premios polas compras feitas no comercio local”, subliñou o Presidente. Á vez, a campaña terá unha importante parte de difusión e de publicidade para animar as vendas entre a sociedade.

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio forestal e de Pantón que calcinou 31 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...