InicioLugo e contornaLugoA Policía intervén en dúas discotecas de Lugo nas que se incumpría...

A Policía intervén en dúas discotecas de Lugo nas que se incumpría o protocolo covid

Ningún dos locais requiría certificados aos clientes, e un deles excedía o horario permitido. Dous menores foron detidos por roubar un bastón e unha cuncha de peregrino.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous menores de idade foron identificados o pasado mércores despois de roubar un bastón e unha cuncha de peregrino dunha tenda situada no centro histórico de Lugo. Segundo informa a Policía Local de Lugo este xoves, os menores, de 13 e 14 anos, foron localizados no parque Rosalía de Castro cos obxectos subtraídos despois da denuncia realizada polo responsable do establecemento.

Os axentes, tras requirir a presenza dos pais dos menores, abriron dilixencias ante un posible delito de furto. Ademais, patrullas da Policía Local interviñeron en dous establecementos de lecer nocturno onde se incumprían as normativas vinculadas ao control da pandemia.

No primeiro, os axentes formularon dúas denuncias por infraccións á Lei galega de Saúde debido a que o local estaba aberto fóra de horario e “o seu responsable non requiría aos clientes a presentación de certificado covid, proba diagnóstica ou certificado de recuperación”.

No segundo establecemento abríronse catro denuncias pola ausencia dun letreiro informativo sobre o aforamento máximo permitido, non requirir certificados aos clientes, exceder o horario e carecer de medidor de CO2.

ÚLTIMAS

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...

Lugo promocionará en FITUR a súa rede museística coa campaña ‘Lugo é o match’

O Concello de Lugo participará de novo na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que...

Detido un home por un delito de lesións tras unha pelexa na mañá de Aninovo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha persoa como presunta...

O Concello de Lugo recepciona o aparcadoiro da Avenida de Breogán enmendarse as deficiencias

O Concello de Lugo anunciou que finalmente recepcionará o aparcadoiro da Avenida de Breogán,...