Home Lugo e contorna Lugo Primeiras condenas á agresión a unha muller trans en Lugo: “isto vén do odio e a intolerancia”

Primeiras condenas á agresión a unha muller trans en Lugo: “isto vén do odio e a intolerancia”

0
Primeiras condenas á agresión a unha muller trans en Lugo: “isto vén do odio e a intolerancia”
O estado no que se atopa a Muralla Romana, chea de maleza | Concello de Lugo

As reaccións á agresión contra unha muller trans en Lugo non se fixeron de esperar. A primeira entidade en dar o paso e condenar o acontecido xornadas atrás na cidade lucense é a plataforma Arelas, Asociación de Familias de Menores Trans de Galicia. A asociación apunta que “non podemos senón condenar enerxicamente a agresión ocorrida na cidade de Lugo na madrugada do pasado domingo”.

A agresión, que consistiu en empurrar á muller dende o alto da muralla, dando unha caída de 12 metros da que resultaron varias fracturas, pechouse co suposto agresor abandonando á vítima “á súa sorte”, tal e como detallan dende Arelas, que lamenta “ter que ser testemuñas do que o odio e a intolerancia causan na nosa sociedade”.

“Temos que ver e sentir como se nega a mínima dignidade e o mínimo recoñecemento como persoas a aquelas que só queren vivir en liberdade. Unha vez máis a sociedade lanza ás persoas trans a mensaxe terrorista e homicida de que ‘non respectamos nin o voso dereito a vivir’”, destacan.

ADMINISTRACIÓN

A plataforma lanza tamén un dardo á administración aseguran que estas “non están a colocar practicamente ningún obstáculo para que feitos coma o de hoxe non cheguen a se producir ou que, de facelo, as vítimas atopen o respaldo institucional necesario”. Por iso destacan tamén que a vítima carece, na cidade de Lugo, dun servizo de asesoramento específico en materia de dereitos LGTBIQA+. “A policía local non posúe entrenamento específico en materia de atención policial á Diversidade; xs avogadxs do turno de oficio non terán formación específica en identidade de xénero; o persoal de saúde que lle presta atención no SERGAS non terá sido formado tampouco nesta materia…”, enumeran.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here