InicioAncaresCaen as primeiras neves en Pedrafita do Cebreiro e Ancares

Caen as primeiras neves en Pedrafita do Cebreiro e Ancares

Fontes de Meteogalicia puntualizaron que aínda que "non é habitual" tampouco é excepcional que caia neve a esta altura do ano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A baixada de temperaturas e a influencia dunha masa de aire frío deixou entre este martes e mércores as primeiras neves en zonas altas da montaña de Lugo e Ourense.

Así o confirmaron a Europa Press fontes de Meteogalicia, que detallaron que na noite do martes ao mércores rexistráronse as primeiras precipitacións deste outono en forma de neve, que se sucederon na noite do mércores ao xoves. Entre outras zonas, as primeiras neves chegaron ás localidades de montaña de Pedrafita do Cebreiroe Manzaneda, así como á zona dos Ancares.

Este xoves están previstas precipitacións máis concentradas no terzo norte que, en zonas altas de montaña —a cota de neve mantense nos 1.200 metros— poden ser de novo en forma de neve.

As mesmas fontes consultadas de Meteogalicia puntualizaron que aínda que “non é habitual” tampouco é excepcional que neve a esta altura do ano xa que, para iso, deben darse dúas circunstancias: a chegada dunha masa de aire moi frío “como é o caso”, matizaron, e que haxa precipitacións.

A partir deste venres espérase a chegada da influencia anticiclónica, con tempo seco e asollado nos próximos días.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...