InicioTerra CháXermadeO cura de Momán, en Xermade, non descarta oficiar máis misas contra...

O cura de Momán, en Xermade, non descarta oficiar máis misas contra o peche de servizos no rural

Anuncia que tamén reclamará que se arranxen as estradas de titutalirade da Xunta que "están mal".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Luís Rodríguez Patiño, sacerdote da parroquia de Momán, en Xermade, non descarta celebrar máis misas contra o peche de centros sanitarios, a necesidade de Internet para obter cita para ir ao médico e a marcha de oficinas bancarias en zonas do rural.

E é que este párroco oficiaba o xoves unha cerimonia ao pé da estrada que une Momán coas Pontes para celebrar o arranxo da vía, coa presenza do presidente da Deputación lucense, José Tomé, e outros membros do goberno provincial. A reivindicación dunha reforma desta estrada xa fora o foco de actos relixiosos previos similares.

Por esa estrada non haberá máis misas, haberá por outras estradas. E non é porque haxa misa, o sacerdote non só está para a palabra de Deus, senón que ten que ser voz e eco das inxustizas e os problemas da sociedade. Esa é a encarnación de Cristo na realidade humana”, proclama.

O relixioso constata que a estrada, de titularidade provincial, “quedou ben, aínda que chega un pouco tarde”. “No seu momento era unha estrada de moito tránsito posto que As Pontes exercía moita atracción polo traballo ou para facer as compras“, lembra.

Visto o éxito tras a reparación da vía, agora mira cara ás vías da Xunta: “Hai algunhas que están sen arranxar e se vén un tractor xa te metes na cuneta ou no campo, e iso é perigoso”. Sobre todo, fixouse en “unha estrada que conecta Momán coa estrada que vai das Pontes a Vilalba que é da Xunta, e xa se fixo algunha misa”. “Eu son o cura de todos”, solta Rodríguez Patiño, para desmarcarse de calquera adscrición política.

Así, o párroco fai un debuxo “xeral de todas as estradas, porque se está violando o artigo 14 da Constitución, agora que se fala tanto dela, que é que somos todos iguais”. “Pagamos impostos igual e temos por desgraza, no rural, os peores servizos do mundo. Eu vivía cos meus pais en Inglaterra e non nos queriamos marchar da zona rural porque tiñamos de todo. Aquí, non”, protesta.

Neste sentido, recalca que o rural tamén “merece unha misa” agora que se están “pechando centros médicos e tamén bancos que lles tivemos que dar diñeiro”, en referencia ao rescate. E vai máis aló nas súas queixas: “Non temos case conexión (por Internet) aquí, e pídennos conexión para os bancos e para todo”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...