InicioSociedadeDetectados oito casos confirmados de Covid nun brote de orixe familiar ...

Detectados oito casos confirmados de Covid nun brote de orixe familiar en Abadín

O xerente da área sanitaria de Lugo resaltou que se trata dun "brote pequeno familiar, que se desenvolve de forma illada no concello de Abadín".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte detectou un brote de Covid-19 de orixe familiar cun oito casos confirmados na parroquia de Gontán, no municipio de Abadín.

Segundo informou o xerente da área sanitaria, Ramon Ares Rico, “a evolución da pandemia nas últimas semanas está a ser boa” na provincia lucense. “Estamos nun nivel de normalidade”, afirmou para concretar que a incidencia acumulada sitúase por baixo dos 25 casos por 100.000 habitantes.

Con todo, explicou que “nos últimos días apareceu un pequeno brote de orixe familiar no concello de Abadín, na parroquia de Gontán”, con “7-8 casos confirmados ata o día de hoxe, todos nunha contorna familiar”.

Ares indicou que se fixo “a rastrexabilidade destes casos, que están illados”. Ademais, comentou que “se seguiron todos os contactos e a contorna máis próxima a estas persoas sen que aparecesen máis casos”. Todo iso, aclarou que “ata completar o ciclo epidemiolóxico de 15 días poida aparecer algún caso máis”.

O xerente da área sanitaria de Lugo resaltou que se trata dun “brote pequeno familiar, que se desenvolve de forma illada no concello de Abadín”. “A incidencia acumulada neste concello pode ser alta polo número de habitantes”, puntualizou, xa que este municipio ten “poucos”.

Neste sentido, insistiu en que se trata de “un caso illado” e “controlado” que, concluíu, “está a evolucionar ben”. “Esperemos que unha vez que pase o ciclo epidemiolóxico, desapareza”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...