InicioSucesosDetidos tres mozos, un deles menor de idade, por roubar nun instituto...

Detidos tres mozos, un deles menor de idade, por roubar nun instituto de Lugo

Foron sorprendidos por axentes policiais cando escapaban do centro escolar

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, con destino en Radiopatrullas, detiveron na tarde deste pasado domingo a tres individuos, un menor de idade, por un roubo con forza no Instituto Leiras Pulpeiro.

Segundo concretou a Policía Nacional, dos detidos dous son maiores de idade e un menor. Os maiores contan con antecedentes policiais e o tres son veciños de Lugo.

Os feitos ocorreron nas últimas horas de luz solar do domingo, cando o servizo de alarma do centro escolar comunicou á sala do 091 que se producía “un movemento volumétrico anormal nun dos locais do instituto lucense”.

Por ese motivo, e de forma inmediata, os axentes acudiron ao centro por vías diferentes, co fin de interceptar unha posible fuxida do lugar.

Así, ao chegar o primeiro indicativo policial localizou os autores descolgándose da parte exterior do valo que delimita o centro escolar, un dos cales quitaba as pezas coas que protexía as mans.

Ao detectar a presenza policial tentaron saír correndo do lugar, momento no que foron interceptados polo outro indicativo policial de Radiopatrullas que accedera ao lugar pola parte contraria.

Unha vez interceptados, tras ser identificados e cacheados, incautóuselles unha serie de ferramentas susceptibles de ser as utilizadas para entrar no interior das aulas do instituto, as cales estaban forzadas.

MATERIAL AGOCHADO

Mentres se realizaban estás labores, entre a maleza ocultos pola parte de dentro do valado, pero que se podía alcanzar perfectamente desde fóra, localizáronse, agochados 12 computadores pertencentes á Xunta e asignados ao citado centro, así como varios teclados e outros elementos informáticos.

Por iso, estes tres mozos foron detidos e trasladados a dependencias policiais acusados dun delito de roubo con forzaO menor foi entregado aos seus titores, unha vez foi informado o Ministerio Fiscal, e os outros detidos, ingresados en calabozos, mentres se instrúe o correspondente atestado, que será remitidoá autoridade xudicial, á vez que se pasan a disposición xudicial os detidos.

ÚLTIMAS

Desatascar a praia fluvial e as obras da Rolda Este, compromisos acadados entre Xunta e Concello

A Xunta de Galicia e o Concello de Lugo alcanzaron compromisos, tras unha reunión conxunta mantida este martes,...

Dous mozos golpean no parque Rosalía de Castro a un home tras un altercado con dúas mozas por motivo de cartos

Un home maior foi golpeado brutalmente no parque Rosalía de Castro de Lugo por...

Cachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles superando o límite penal

A Policía Local de Lugo detectou ao longo da semana pasada a dous condutores de patinete eléctrico...

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...