InicioLugo e contornaLugoA Deputación aspira a 300.000 euros dos fondos europeos para implantar accións...

A Deputación aspira a 300.000 euros dos fondos europeos para implantar accións da “Axenda Urbana”

O obxectivo é "elaborar un plan de acción que recolla as medidas necesarias para implantar obxectivos da Axencia Urbana".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz socialista do goberno da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, anunciou, tras a xunta de goberno, que se acordou concorrer “a unha liña de axudas que convocou o goberno central, pola que se solicita 300.000 euros” dos fondos europeos Next Generation para implantar obxectivos da “Axenda Urbana” na provincia. García Porto debullou que o que se pretende é “elaborar un plan de acción que recolla as medidas necesarias para implantar obxectivos da Axencia Urbana na provincia de Lugo”.

“A Axenda Urbana española é un instrumento de traballo, aprobado polo goberno do Estado, precisamente para impulsar a sustentabilidade económica, social e medio ambiental tanto dos pobos como das cidades, a través da ordenación do territorio, de loita contra o cambio climático e a favor da economía circular, a cohesión social ou a innovación dixital”, puntualizou.

Porto advertiu de que “concorrendo a esta convocatoria dos fondos europeos, para elaborar ese plan de accións”, buscan “liderar a implantación na provincia de Lugo destas directrices da Axenda Urbana e facelo a través dunha estratexia que pretendemos desenvolver cos concellos“.

“Inclúese un diagnóstico da situación actual, e logo o deseño das actuacións concretas que se incluirán, de poder levalas a cabo, neste plan. As administracións locais, tanto as deputacións como os concellos, entendemos que somos unha peza fundamental para que estes fondos europeos cheguen realmente á sociedade, e respondan as necesidades reais da cidadanía e do tecido produtivo, e para que teñan unha verdadeira capacidade transformadora”, concretou.

OUTROS ACORDOS

Igualmente na xunta de goberno aprobouse a compra “de dúas máquinas compactadoras que se utilizarán no parque móbil da deputación, arranxando estradas provinciais por un importe de case 90 mil euros”.

“Coa adquisición desta maquinaria imos ter capacidade para dar un mellor servizo nas obras das estradas xa que nos van a servir para acelerar o proceso de compactación da terra”, resaltou.

Na reunión semanal do goberno provincial tamén se acordou “licitar o servizo de mantemento e conservación de varios edificios da deputación de Lugo, por un importe de 266.281 euros, por dous anos, podéndose obter unha prorroga por dous anos máis”. “O contrato inclúe os museos provinciais, o Pazo de Deportes, a Escola de Piragüismo, e a capela de Santa María, entre outros”, concluíu Pilar García Porto.

ÚLTIMAS

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...