InicioSucesosOs puntos de venda de drogas no barrio da Milagrosa están desarticulados,...

Os puntos de venda de drogas no barrio da Milagrosa están desarticulados, segundo a Policía

Destaca que se "desarticula por primeira vez en Lugo" o método de ocupación de inmobles para dedicalos a venda de sustancias estupefacientes

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional considera desarticulados os puntos venda de drogas do barrio da Milagrosa en Lugo tras a detención de cinco persoas, catro homes e unha muller, acusados dun delito de tráfico de drogas.

Sobre este operativo, a Policía Nacional destacou que se “desarticula por primeira vez en Lugo” o método de ocupación de inmobles para dedicalos á venda de sustancias estupefacientes.

Segundo relatou a Policía, a operación que se desenvolveu na capital luguesa durante as pasadas 48 horas, coa colaboración das unidades especiais da Xefatura Superior de Galicia: Guías Caninos, Unidade de Prevención e Reacción xunto co Grupo de Operacións Especiais.

Froito da mesma foron detidos o cinco implicados na venda das sustancias estupefacientes no tres rexistros que levaron a cabo, nos cales se incautaron máis de 200 dose de heroína e cocaína preparadas para a venda.

As mesmas fontes policiais resaltan que as doses para o consumo de heroína “xa as tiñan preparadas para consumo directo, sen que o comprador tivese que realizar ningún tipo de manipulación ou preparación da sustancia”.

Durante os rexistros incautouse, ademais das sustancias, balanzas de precisión, artigos para a preparación e manipulación da droga, envoltorios para as doses, patinetes eléctricos e teléfonos móbiles.

Ademais, a Policía incide en que “se puido desarticular o novo método en Lugo de venda de sustancias estupefacientes en domicilios”, que, detallou, “consiste na ocupación de vivendas, nalgún caso, o edificio enteiro, para utilizalo como un lugar de venda da droga”.

PUNTO DE OCULTACIÓN

Tamén se desarticulou un punto de ocultación da droga, que os detidos tiñan na zona de monte das Gándaras, “onde realizando buracos no chan e introducida en botes de cristal, ocultaban as sustancias ata a súa recollida para a venda”, indica a Policía.

Para estas operacións ocultaban entre a maleza diferentes aixadas e picarañas, que lles permitían facer os ocos e logo recuperar a droga, engaden as mesmas fontes.

Do cinco detidos, dous foron postos en liberdade unha vez ouvidos en declaración na Comisaría de Policía, mentres un terceiro pasou este xoves a disposición xudicial, xa que sobre el pesaban tres reclamacións xudiciais. Os outros dous pasaron a disposición xudicial ao longo do xoves.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...