InicioSociedadeO primeiro centro de patoloxía dual de Galicia abrirá en Castro en...

O primeiro centro de patoloxía dual de Galicia abrirá en Castro en 2019

FUDACE, que presta atención a afectados por dano cerebral, inviste 1,5 millóns de euros en terreos cedidos pola Deputación en Castro de Ribeiras de Lea

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fundación de Dano Cerebral (Fudace) dotará a Castro Ribeiras de Lea do primeiro centro de patoloxía dual de Galicia. Alí está a construír, encol de terreos cedidos pola Deputación de Lugo, o edificio que albergará a unidade especializada, cun investimento de 1,5 millóns de euros. A previsión é rematar o complexo antes da fin de ano, polo que en 2019 entrará en servizo.

Así o confirmou o presidente de Fudace, Luís Abelleira, mentres acompañaba ao presidente da Deputación, Darío Campos, e á deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, nunha visita ás obras. O máximo responsable da fundación salientou que a apertura das instalacións de Castro será posible “grazas á receptividade e implicación” do goberno provincial, que cedeu por cinco décadas un predio dalgo máis de 80.000 metros cadrados, cun cálculo catastral de medio millón de euros.

A unidade de patoloxía dual será a primeira sita en Galicia, e a segunda de España, despois do centro homólogo de Palencia. O centro disporá de 16 habitacións para dar cobertura aos galegos que sofren desta patoloxía, que poden experimentar crises con episodios de agresividade. Fudace, lembrou o presidente da Deputación, presta atención profesional a medio cento de lucenses afectados por dano cerebral, un colectivo de necesidades especiais.

Os terreos cedidos pola Deputación a Fudace para as novas dotacións atópanse a carón das instalacións do San Rafael e da Granxa Gayoso Castro. A primeira das parcelas, de 10.274 metros cadrados, alberga o centro referencia da fundación en Castro, e atende a máis de cincuenta persoas con dano cerebral en réxime de residencia e centro de día. Nas instalacións traballan 48 especialistas. 

Na segunda finca, de 71.791 metros cadrados, Fudace erixe o novo edificio coa devandita unidade de patoloxía dual. Terá capacidade para un mínimo de 16 pacientes, con posibilidade de aumentar prazas. 

O acordo coa Fundación de Dano Cerebral é semellante ao que serviu para ceder o San José a ASPINAIS ou a gardería do Campus a Raiolas, colectivos que ampliarán os seus servizos para persoas con capacidade diversa. Pola súa banda, Fudace solicitou á Deputación as instalacións do San Rafael para engadir capacidades e paliar a lista de espera.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...