InicioComarca de MeiraMeiraConta atrás para abrir o centro de maiores de Meira, con 50...

Conta atrás para abrir o centro de maiores de Meira, con 50 prazas

Os avances da Deputación de Lugo veñen cargados de críticas á Xunta por "non apoiar" a construción.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O centro de maiores de Meira entrará en funcionamento “a finais de setembro ou principios de outubro” con 30 prazas para residentes e 20 para usuarios de día. Así o avanzou a deputada de Réxime Interior da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, tras a reunión da xunta de goberno que deu luz verde á adxudicación dos servizos básicos da residencia.

En concreto, o contrato de máis 620.000 euros para as tarefas de cociña, limpeza e asistencia foron a parar á empresa Troncoso Casares Segundo o goberno provincial, o centro abrirá a “finais do mes de setembro ou a principios de outubro” e converterase no sétimo centro da rede provincial xunto cos de Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada, Castroverde e Pedrafita.

DARDO Á XUNTA

García Porto remarcou que o ente provincial realizou es infraestruturas “sen contar” coa colaboración da “administración que por lei ten as competencias en servizos sociais. “A Xunta non apoia á Deputación na construción nin no apoio deste servizo básico”, puntualizou.

O Centro de Atención a Maiores de Meira contará con 30 prazas de residencia (ampliable a 38) e 20 para o centro de día. Terán prioridade os veciños e veciñas de Meira, posteriormente os de concellos limítrofes e, en terceiro lugar, estenderase a toda a provincia.

ÚLTIMAS

Protesta cidadá en Parga pola falta de médicos durante o mes de decembro

Veciños e veciñas de Guitiriz, xunto coa corporación municipal, concentráronse este venres fronte ao...

Os xulgados de Lugo poñen en marcha unha nova campaña solidaria de alimentos para bebés

O Decanato dos xulgados de Lugo comeza este venres e ata o próximo día...

O alcalde de Lugo e a concelleira María Reigosa negan unha “crise interna” e levarán xuntos Medio Rural

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e a concelleira María Reigosa compareceron este venres...

Unha balsa ilegal de xurros causa unha catástrofe ambiental no Landro

A Garda Civil investiga ao administrador único dunha explotación gandeira situada en Muras como...