InicioSociedadeDetido en Lugo por fornecer sustancias estupefacientes a pequenos "camellos" para a...

Detido en Lugo por fornecer sustancias estupefacientes a pequenos “camellos” para a súa venda

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un mozo de 25 anos domiciliado en Lugo foi detido nesta cidade por fornecer sustancias estupefacientes a comerciantes polo miúdo para a súa venda.

Fontes policiais lembraron que a semana pasada realizáronse varias detencións e interceptáronse un vehículo e un envoltorio que contiña case 300 gramos de haxix. Mediante a continuación da investigación, detívose a outra persoa por facilitar a droga aos anteriores.

Ademais, comprobouse que este home fora investigado en varias ocasións ante as queixas dos veciños e comerciantes das zonas nas que residira pola atracción de persoas alleas ao barrio e que consumía sustancias estupefacientes.

Mediante a detención deste mozo, ao que lle constan antecedentes por feitos similares, os axentes deron por concluída a operación ao eliminar un punto de venda de droga na cidade e outro de distribución aos comerciantes polo miúdo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...