InicioSociedadeIntervención nunha festa non autorizada con 40 persoas en Negueira de Muñiz

Intervención nunha festa non autorizada con 40 persoas en Negueira de Muñiz

A Garda Civil estableceu tres propostas de multa aos presuntos organizadores por incumprir a lei de saúde de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil interveu na madrugada do pasado sábado nunha suposta festa ilegal na parroquia de San Pedro de Ernes, no concello lucense de Negueira de Muñiz.

No lugar dos feitos os axentes observaron unha celebración con varias persoas das que identificaron a 40 de distintas nacionalidades. A partir de aí, realizaron diversas propostas de sanción por distintos motivos.

A Garda Civil estableceu tres propostas de multa aos presuntos organizadores por incumprir a lei de saúde de Galicia. Ademais de 25 propostas pola non utilización da máscara, 20 por non respectar a lei de seguridade viaria e unha proposta de sanción por tenencia ilícita de drogas.

A presenza dos axentes do corpo da Garda Civil intensificouse este fin de semana na zona pola declaración dun incendio o propio sábado que aínda non foi extinguido por completo. Ambos os feitos orixináronse na parroquia de Ernes.

+ posts

ÚLTIMAS

O alcalde do Páramo renuncia á acta e será relevado polo seu segundo, Benjamín García

O Concello de O Páramo celebrará esta tarde o pleno no que se tomará...

Acusan a Elena Candia do “maior acto de vulneración democrática vivido nun pleno do Concello de Lugo”

  O voceiro socialista no Concello de Lugo, Miguel Fernández, criticou este xoves con enorme...

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...