InicioMedioambiente e PatrimonioDenuncian a corta de árbores para plantar "centos de eucaliptos" nas Brañas...

Denuncian a corta de árbores para plantar “centos de eucaliptos” nas Brañas de Raxoi

Segundo denuncia Ecoloxistas en Acción, estas son as consecuencias dunha "moratoria trampa" por parte da Xunta de Galicia. Esixen que se proceda á correspondente sanción e á obrigación de repoñer a parcela ao seu estado anterior.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción alerta que nas inmediacións das Brañas de Raxoi, en Guitiriz, se realizou unha corta a matarrasa de aproximadamente 20 hectáreas na que levaron por diante pinos radiata, grandes bidueiros, carballos e tamén sanguiños, pereiras bravas e castiñeiros na contornos da lagoa. Após a corta, segundo denuncia a asociación ecoloxista, procedeuse a plantar centos de Eucaliptos globolus.

Exoloxistas en Acción lembra que a braña de Baxoi está catalogada no Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Guitiriz como solo rústico de especial protección de espazos naturais. Ademais, a zona forma parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Tamén indican que estes feitos “aconteceron en época de cría” e que a zona “conta con varias especies de rapaces”.

Por isto, e sumado á “afectación que esta corta pode supoñer no humidal”, Ecoloxistas en Acción solicitou á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda “que se levanten os eucaliptos plantados”, alomenos 200 metros desde a beira da turbeira, e que se proceda á correspondente sanción e á obrigación de repoñer a parcela ao seu estado anterior.

MORATORIA “TRAMPA”

Denuncian que isto son as “consecuencias dunha moratoria trampa do eucalipto” por parte da Xunta de Galicia e resaltan que esta “suposta” medida, lonxe de frear as plantacións, agocha unha “legalización e harmonización” das plantacións ilegais desta especie invasora. 

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...