InicioA UlloaMonterrosoA historia da quincalleira que se puxo de parto, cando ía á...

A historia da quincalleira que se puxo de parto, cando ía á feira en Monterroso

Helena González de Bisagras de Papel. Xenealoxía e Intrahistoria, comparte unha historia, inspirada nun achado casual, dunha partida bautismal nun arquivo. O nacemento fortuito dunha nena na aldea de Coence en Palas de Rei, invita a facer unha viaxe no tempo, da man dunha estraña familia de camiñantes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Hai uns meses, cando escaravellaba nos libros de bautismos da parroquia de San Mamede de Coence, que pertence a Palas de Rei en Lugo, topei unha partida que chamou a miña atención.

A palabra “forastera” anotada na marxe, anunciaba algo grande. Crucei os dedos. Rabiaba por que fose unha peregrina, que viñese de lonxe. Tantos anos a investigar , sen topar peregrinos ou pregrinas! Debaixo de “forastera”, o cura escribira o nome de María Manuela. A verdade é que non era un nome moi exótico. Como moito, podería ser portugués.

Non ía descamiñada, xa que a nai da criatura era veciña de Catapeixe, en Redondela, en Pontevedra. Portugal non era, pero  estaba cerca.

Seguín coa miña lectura… María puxérase de parto dunha forma repentina no lugar de Gontá de Abaixo, “cuando se dirigía a la feria de Monterroso con su tienda de quincalla”, dicía a partida.

“quincalla”
Conxunto de cousas de pouco valor, especialmente de metal .    

 

 

 

Imaxino a María, deixando a un lado o seu  caixote de madeira, cheíño de pequenos obxectos brillantes, para dar a luz á súa filla. María era viúva, aínda que non viaxaba soa. Ía  acompañada de Manuel e Gregoria, veciños tamén de Redondela, que apadriñaron á pequena Manuela. O padriño, iso si, puxo a condición de que tiña de levar o seu nome.

Non sei se María, se repuxo e foi quen de vender a súa mercadoría na “feira do un”. Descoñezo tamén, se despois da maternidade, seguiu a percorrer os camiños e visitar as feiras, como ambulante.

O que si sei é que este acontecemento, que sacudiu a vida cotía de Coence, un vintenove de maio, hai más de douscentos anos, foi o material co que se construiron centos de historias.

Contan que despois do bautizo de Manuela, o padriño botou varias presadas de botóns metálicos do caixón de madeira da recén parida, que cando acadaron as mans das nenas e neños alí presentes, convertíronse en ouro. Viva o padriño!” berraban ó tempo que as súas mans perseguían os botóns dourados.

Dende entón, os habitantes de Coence visitan puntualmente o posto de quincalla da “feira do un”, en  Monterroso.

Disque en todas as casas da aldea, os seus habitantes atesouran unha caixiña de madeira, ateigada de pequenos obxectos metálicos, que agardan silenciosos, a visita inesperada dunha forasteira, acuciada polas dores do parto. Contan, que cando ela chegue, ocurrirá de novo o milagre !    

 

[Do blog Bisagras de Papel ]

 

 

 

 

 

 

 

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio forestal e de Pantón que calcinou 31 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...