InicioA UlloaMonterrosoA alcaldesa de Monterroso asegura que o foco de Covid con 50...

A alcaldesa de Monterroso asegura que o foco de Covid con 50 casos activos “está bastante estabilizado”

"Todo apunta a que este brote se produciu en reunións privadas, e é que aí non hai o control que hai na hostalaría", indicou.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa do municipio lucense de Monterroso, Rocío Seijas, confirmou que “son 50 os casos activos” dun brote de Covid-19 na súa localidade “e están bastante estabilizados”. “Onte houbo dous casos e antonte non houbo ningún”, abundou.

O municipio Monterroso é un dos concellos da provincia de Lugo que entrará en nivel máximo de restricións a partir do sábado. Eses 50 contaxiados elevan a incidencia a case 1.400 por cada 100.000 habitantes. Todo parece indicar, a pesar das numerosas probas que se están realizando, que está bastante controlado”, reiterou a rexedora sobre este brote de coronavirus.

Este número de positivos está relacionado coas probas PCR realizadas nos municipios entre os máis novos e isto “fixo que empezasen a subir os contagios”. “Fixéronse máis de 500 probas, con cincuenta positivos. Confío en que estea controlado o brote”, insistiu.

Rocío Seijas puntualizou que “todo apunta a que este brote se produciu en reunións privadas, e é que aí non hai o control que hai na hostalaría”. “Todo apunta a reunións privadas”, abundou.

Esta alta incidencia non asusta aos veciños de Monterroso e segundo a alcaldesa a concienciación destes leva a que se respecten “escrupulosamente” as medidas de prevención que marca Sanidade. “A pesar de todo nótase certa normalidade no concello”, concluíu Rocío Seijas sobre unha maior presenza ou non dos veciños polas rúas deste municipio da comarca da Ulloa.

ÚLTIMAS

O PP reclama ao Goberno solucións ante a “grave deterioración” da N-6 en Becerreá

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel...

Os gandeiros manteñen a protesta indefinida en Lugo e advirten de que Mercosur traerá “pobreza e lumes”

Os gandeiros e agricultores galegos continúan en pé de guerra contra o acordo comercial...

A Fiscalía pide 20 anos de cárcere para un home acusado de agredir sexualmente a un menor contactado por Tinder

A Audiencia Provincial acolleu este martes o xuízo contra un home de 34 anos,...

O PPdeG denuncia que o PSOE e o BNG consumarán en Lugo un “pacto porco” cun presunto agresor sexual

O PPdeG asegurou que o Partido Socialista e o BNG consumarán este mércores o...