InicioEconomíaA Asociación de Distribuidores de Lugo urxe vacinar a vendedores e repartidores,...

A Asociación de Distribuidores de Lugo urxe vacinar a vendedores e repartidores, a maioría menores de 30 anos

O presidente da Asociación de Distribuidores de Lugo di que a caída da distribución na provincia é un 30% con respecto ao 2019.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación de Distribuidores de Lugo (Adislugo), Eloy García, apremou á Xunta para que vacine a vendedores e repartidores, por ser na súa maioría menores de 30 anos.

García comentou que se dispararon os contaxios “sobre todo na costa” e na cidade de Lugo. “Aínda temos a un doce por cento dos persoais sen vacinar e iso pese ao risco que estamos a ter de posibles contaxios“, advertiu.

Son sobre 500 os traballadores da distribución na provincia en setenta empresas. O presidente de Adislugo fixo fincapé en que o problema radica “coa xente nova, os vendedores e repartidores que son menores de 30 anos”. Respecto diso, García resaltou que mantiveron unha reunión co delegado da Xunta, Javier Arias, que lles trasladou que a partir da próxima semana poderíase resolver o problema.

A distribución en Lugo, que tamén sufriu as consecuencias da pandemia, recuperou un dez por cento da facturación este ano con respecto a 2020. Aínda así o pasado ano a caída situouse entre o 35 e o 40%, e este ano con esa leve recuperación a caída de vendas, con respecto a 2019, é do 30 por cento. “O tempo que estamos a ter tampouco axuda e isto é impredicible”, concluíu o presidente da Asociación de Distribuidores de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Ferido grave tras chocar contra un cabalo na autovía A-6 ao seu paso polas Nogais

Un home resultou ferido grave na noite do martes tras chocar o vehículo no...

Denunciada unha condutora que cuadriplicaba a taxa de alcol e chocou contra outro coche en Lugo

A Policía Local de Lugo instruíu nas últimas horas varias denuncias en materia de...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...