InicioSociedadeA Confederación Hidrográfica Miño-Sil convida o Club Fluvial de Lugo a que...

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil convida o Club Fluvial de Lugo a que volva optar á concesión tras acabarse

O Fluvial terá que renunciar á piscina infantil no río, aínda que nese espazo "poderá haber outro tipo de usos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, convidou este luns ao seu homólogo do Club Fluvial de Lugo (que conta con máis de 17.000 socios), Perico Valledor, a que volva optar á concesión tras concluír a mesma.

Estas declaracións realizounas nun receso do dito encontro, celebrado na sede da Confederación na cidade de Lugo, tras vencer a concesión ao Fluvial. “Estamos coa predisposición total de explicar e clarificar todos aqueles aspectos á directiva do Club Fluvial de se queren optar a unha nova concesión que non haxa dúbidas e que ese terceiro intento, despois de dous errados, poida cristalizar nun bo acordo”, resumiu.

Quiroga expuxo que “se solicitan unha nova concesión”, será “en concorrencia competitiva e ninguén está libre de que outras entidades tamén poidan concorrer como pasou en 2019”. “Eu podo afirmar que a reunión está a discorrer no sentido aclaratorio que é o que se buscaba, estase tamén con detalles técnicos”, precisou.

Así mesmo, Quiroga comentou que esta reunión se celebra “sempre co ánimo de se volven presentar solicitude de concesión o teñan claro e non haxa erros“. “A Confederación está desexosa de poder conceder unha concesión ao Club Fluvial se a presenta ou a calquera outra entidade, e acabar con esta problemática que vén suscitando en torno ao dominio público hidráulico, que son 10.100 metros cadrados, na contorna que todos coñecedes (en torno do Miño)”, subliñou.

Con todo, o Fluvial terá que renunciar á piscina infantil no río, e así o transmitiu Quiroga que esta “ten que desaparecer e poderá haber outro tipo de usos”. “Para unha piscina non é condición sine quanom que estea metida no río, e iso é unha cousa que aínda que aparecía nalgún medio que data do ano 1964, ese tipo de actuacións en dominio público non prescriben”, concluíu o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades con participación israelí

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do BNG, anunciou que non financiará actividades nin...

Detido en Lugo por ameazar con navalla a dous menores que xogaban na rúa

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home de 64 anos de idade...

A Deputación de Lugo asina un convenio de 40.000 euros con Avifauna para fomentar a educación ambiental

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé (PSdeG) asinou este mércores un convenio...

Dous detidos por causar 17 incendios forestais en parroquias de Vilalba

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Nacional Adscrita de...