Home Lugo e contorna Lugo Piden seis anos para o home acusado de tentar matar ao seu copiloto por non darlle diñeiro

Piden seis anos para o home acusado de tentar matar ao seu copiloto por non darlle diñeiro

0
Piden seis anos para o home acusado de tentar matar ao seu copiloto por non darlle diñeiro
Xulgado de primeira instancia nº3 de Lugo | Páxinas Galegas

A Fiscalía pide seis anos de cárcere para un home acusado de homicidio en grao de tentativa por tentar matar ao seu copiloto cun coitelo de cociña por non entregarlle o diñeiro que gardaba na chaqueta. O caso será xulgado o xoves 22 a partir das 10,30 horas na Audiencia Provincial de Lugo e procede do Xulgado de Instrución número 3 desta cidade.

En concreto, o fiscal relata como, en marzo de 2020, o acusado apuñalou ao seu acompañante no vehículo á altura do xeonllo mentres lle esixía a entrega do diñeiro que gardaba na chaqueta. “Ante a negativa deste a darllo, sen previo aviso e coa intención de terminar coa súa vida ou polo menos asumindo as evidentes consecuencias negativas para a integridade física da vítima que a súa acción ía orixinar, asestoulle varias puñaladas na zona lumbar, tórax e costado”, expón.

As lesións que lle provocou, que describe o escrito do Ministerio Público, “teríanlle provocado a morte de non recibir asistencia médica urxente”, advirte. O acusado está diagnosticado de trastorno por déficit de atención e trastorno límite da personalidade de tipo impulsivo e no momento dos feitos tiña afectada a súa capacidade volitiva, aínda que non anulada.

Por auto de data 16 de marzo de 2020 acordouse a prisión provisional do acusado, situación que se mantén na actualidade.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here