M.J.V.C., único sospeitoso do dobre crime do Cash Record, que se produciu hai 27 anos, acudiu a declarar este martes aos xulgados de Lugo. Fíxoo acompañado da súa avogada e unha procuradora, e foi recibido ás portas da sede xudicial por familiares das vítimas e numerosos medios de comunicación.
Chegou sobre as 10,10 e ás 10,30 horas fora citado a declarar pola titular do Xulgado de primeira instancia número uno de Lugo para aclarar certas cuestións que, vía indicios, o poderían sinalar como autor deste dobre crime, ocorrido o 30 de abril de 1994. As familias teñen o foco neste hostaleiro desde o principio da investigación.
As familias das vítimas permanecían no exterior dos xulgados, tanto Isabel López, irmá da caixeira Elena, como Avelina Sánchez cuñada do reponedor Estebán Carballedo, as dúas vítimas do crime no polígono industrial de O Ceao portaban unha pancarta esixindo xustiza. O único sospeitoso do crime é este hostaleiro que reside en Burgos e que no momento dos feitos rexentaba o bar Los Ángeles, en Rúa Nova.
“POR FIN LLE PUXEN CARA”
Isabel trasladou que sentían “moi contentas”, aínda que non podía disimular os “nervios” porque “non lle puña cara e por fin púxenlle cara”. “A ver que di e espero que salga moito desta declaración”, remarcaba emocionada. Xunto a ela, Avelina Sánchez, a cuñada da outra vítima, tamén asegurou estar “moi nerviosa” e, ao tempo, “moi contenta por chegar a este paso despois de loitar 27 anos”. “Agora polo menos pómoslle cara”, esgrimiu.
O avogado das familias, Gerardo Pardo de Vera, explicou que “o que se vai a preguntar é para contrastar todos os datos do sumario co que esta persoa pode dicir”. Non dubida de que “esta declaración é fundamental porque a única que se lle tomou foi no ano 96, é dicir dous anos despois de que aparecesen indicios claros contra el”.
“Imos ver o que responde, máis aló de negalo todo sen ningún tipo de aclaración e a partir de aí activaremos o mecanismo procesuais correspondentes”, puntualizou Pardo de Vera.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.