Home Lugo e contorna O Club Fluvial de Lugo terá que eliminar unha piscina situada na canle do Miño

O Club Fluvial de Lugo terá que eliminar unha piscina situada na canle do Miño

0
O Club Fluvial de Lugo terá que eliminar unha piscina situada na canle do Miño
José Quiroga en rolda de prensa

O Club Fluvial de Lugo terá que eliminar unha piscina infantil na canle do río Miño, “un pretil entre terra firme e o río” e respectar a servidume do dominio público hidráulico.

Estas son algunhas das razóns polas que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil rexeitou ao Fluvial a concesión, ao non ter en conta estas recomendacións.

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, lembrou en rolda de prensa –na sede deste departamento do Ministerio de Medio Ambiente en Lugo– que a concesión ao Club Fluvial caducou en 2018 despois de 20 anos, mentres se lle denegou a licenza unha segunda vez por incumprimentos.

O “rexeitamento” veu dado porque “o proxecto non contempla a eliminación do obstáculos” e mantéñense “pechados” o cinco metros de servidume que se han de respectar.

Agora, ábrese un proceso de “concorrencia competitiva” para acceder á concesión, e poderíase presentar calquera ademais do propio Club Fluvial que leva traballando nesa zona do Miño máis de medio século.

Quiroga aclarou que “neste momento non hai concesión, está a tramitarse a extinción e iso ten un percorrido e uns procedementos de cara a unha hipotética terceira petición de concesión, que en calquera momento poderíase producir”.

O presidente da Confederación precisou que esas instalacións se sitúan “sobre unha hectárea de terreo”, en concreto sobre 10.142 metros cadrados na ribeira do río Miño.

+ posts