InicioSociedadeA cociña do HULA comezará a preparar a comida do Álvaro Cunqueiro...

A cociña do HULA comezará a preparar a comida do Álvaro Cunqueiro a partir do 1 de agosto

O hospital lucense traballa desde hai días para atender aos pacientes da súa área sanitaria pública e triplicar o seu nivel de produción para poder servir aos pacientes dos hospitais públicos Álvaro Cunqueiro, Meixoeiro e Nicolás Pena.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O próximo 1 de agosto o hospital público Álvaro Cunqueiro recibirá a primeira comanda do hospital público Lucus Augusti e servirá os menús de comida e cea a partir desa data durante polo menos dous meses, mentres se realizan as reformas que é necesario acometer nas cociñas do complexo vigués.

O hospital lucense, informaron fontes das negociacións, traballa desde hai días para poñer a punto a maquinaria de produción da súa cociña e atender aos pacientes da súa área sanitaria pública na capital lucense e triplicar o seu nivel de produción para poder servir aos pacientes dos hospitais públicos Álvaro Cunqueiro, Meixoeiro e Nicolás Pena.

Cada día os profesionais públicos da cociña do HULA prepararán unha comida, unha cea e unha comida do día seguinte, o que supón un total de 3.900 menús, dos que 2.400 irán nun camión, que manterá a comida en perfecto estado de conservación, ata Vigo.

Toda a comida conservarase, unha vez feita, a unha temperatura de entre tres graos e tres graos baixo cero, e unha vez que a loxística cumpra a súa viaxe, será o persoal dos hospitais de Vigo os que terán que retermalizar cada un dos menús e servir a comida a unha temperatura adecuada para cumprir cos estándares de calidade cos que se traballa no HULA, apuntan fontes do hospital Lucus Augusti.

Os responsables de xestión da cociña do HULA, coa dirección do hospital e a dirección de recursos humanos, están a adecuar espazos, renegociando cos provedores directos, contratando persoal e adecuando todas as súas necesidades para cumprir coa demanda das dúas áreas sanitarias durante dous meses, a partir do 1 de agosto. O hospital Álvaro Cunqueiro, que leva seis anos aberto desde que foi inaugurado, foi construído por unha concesionaria e a súa xestión, salvo a atención clínica, é privada.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...

A Deputación destina dous millóns de euros para mellora de estradas e atender emerxencias en oito concellos

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento por...

O PP de Lugo non participou nos actos da Deputación polo 8M por “branquear” a José Tomé

O Partido Popular da provincia de Lugo realizou hoxe a lectura dun manifesto con...

Representantes do PSOE piden explicacións aos deputados do PP polo seu voto contra o escudo social

A deputada do PSdeG no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César...