InicioLugo e contornaLugoUn home de 77 anos negouse a saír dun aparcadoiro de Lugo...

Un home de 77 anos negouse a saír dun aparcadoiro de Lugo tras perder o autobús

Tivo que ser desaloxado pola Policía, que se encargou de chamar a un familiar para que o viñera recoller.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo tiveron que desprazarse a pasada medianoite a un dos aparcadoiros públicos situados no centro histórico da cidade, tras ser alertados de que había unha persoa que se negaba a abandonar as instalacións.

Cando chegaron ao aparcadoiro subterráneo, concretamente ao da Praza de Santo Domingo, atopáronse cun home de 77 anos que se negaba a abandonar as instalacións porque perdera o autobús que tiña que levalo ao seu domicilio e non tiña forma de regresar á súa casa.

Os axentes ocupáronse de trasladalo á Xefatura da Policía Local e, desde alí, lograron localizar a unha familiar do septuaxenario. Pouco tempo despois, presentouse en dependencias policiais e fíxose cargo do mesmo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Presidenta abre a tempada das rutas fluviais pola Ribeira Sacra e que conta xa con case 14.000 reservas

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada de deputados e deputadas provinciais...

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...