Home Economía O parque eólico experimental de Sotavento en Xermade celebra o seu 20 aniversario

O parque eólico experimental de Sotavento en Xermade celebra o seu 20 aniversario

0
O parque eólico experimental de Sotavento en Xermade celebra o seu 20 aniversario
Parque eólico

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, asistiu en Xermade aos actos de celebración polo 20 aniversario do parque eólico experimental Sotavento.

Respecto diso, agradeceu á entidade o compromiso durante dúas décadas, ao contribuír ao desenvolvemento das enerxías renovables en Galicia a través do I+D+i, a sensibilización e a pedagoxía.

Definíndoo como un proxecto “pioneiro”, Conde púxoo de exemplo de como as administracións públicas poden impulsar iniciativas “de vangarda” a través das enerxías limpas. Neste sentido, apuntou a Sotavento como “escaparate” de avances tecnolóxicos a través de iniciativas como a vivenda bioclimática instalada no recinto.

+ posts