InicioCulturaXenealoxía, a arte de escoitar a nosa historia

Xenealoxía, a arte de escoitar a nosa historia

Helena González de Bisagras de Papel recupera unha foto da exposición "A Muralla Cohabitada", para falar da importancia de escoitar a nosa historia. A xenealoxía como unha invitación a revisitar o pasado, a través da escoita atenta do que foi.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Observade con atención esta fotografía. Este retrato do compositor lucense Arturo Vaquero, que colga suspendido do teito das oficinas municipais de Lugo, tenme engaiolada. O retrato forma parte dunha serie realizada polo fotógrafo Xosé Reigosa no 2010, no marco da exposición “A Muralla Cohabitada” , comisariada por Luz Darriba.

Quizá vos preguntedes que ten que ver esta fotografía coa xenealoxía.

Ó meu parecer, toda investigación xenealóxica debe ir acompañada dunha observación atenta do que foi.  E tamén dun chisquiño de escoita. 

Que haberá de verdade en todas esas historias, que se contan na familia? Son reais ou teñen sido cambiadas, intencionadamente para adaptarse á persoa que escoita?  A miña experiencia dime que as historias de familia son dalgún xeito, como o xogo do teléfono escangallado.  Son contos que van mudando, a medida que circulan de bico en bico.

Os relatos que chegan ós nosos ouvidos son moitas veces o froito de cambios voluntarios ou involuntarios, que omiten, adornan e embelecen.

Os cambios voluntarios están ás veces relacionados co desexo de branquear ou dulcificar unha historia escura e dolorosa, de máis.  Isto pode incluír silencios ou omisións, pero tamén eufemismos. Outras veces, eses cambios parece que queren  engrandecer a historia. Neste caso, as historias están cheíñas de esaxeracións, que convirten a algunhas persoas en heroes e a outras en viláns o vilanas. Por último, están ás vaguidades que teñen que ver co esquecemento real.

O resultado é unha historia que, como acontece cos contos de tradición oral, pode ter centos de versións. Cal delas  será a boa?

A xenealoxía é unha invitación aberta a escoitar a nosa historia de familia , con novos oídos. Sería unha experiencia auditiva , acompañada de ollada, presencia e corazón.

A investigación xenealóxica axuda a redescubrir información que estaba agochada, a rebaixar a heroicidade ou a ruindade  dos personaxes e a contextualizar. En definitiva, permite que rocemos case coas puntas dos nosos dediños, a versión orixinal e xenuina de historias transmitidas, de xeración a xeración.

[ Do blog Bisagras de Papel ]

 

ÚLTIMAS

Ingresa en prisión un vilalbés acusado de malos tratos que se cambiou de xénero no rexistro para eludir a pena

Un vilalbés con varias causas por malos tratos e que cambiou de xénero no...

Comezan as obras de desdobre do último tramo da avenida Infanta Elena en Lugo

As obras que completarán o desdobre e humanización dos 2,7 quilómetros da Avenida Infanta...

Tomé e Castro presentan o número máximo de avais para dirixir o PSOE provincial

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o edil de Paradela Iván Castro presentaron...

Condenados 8 ultras participantes nunha pelexa na previa do Lugo-Ponferradina de 2023

O Xulgado de Instrución nº1 de Lugo condenou este luns aos oito ultras investigados pola súa...