InicioLugo e contornaLugoA Deputación de Lugo asigna outros 54 hortos urbanos na contorna do...

A Deputación de Lugo asigna outros 54 hortos urbanos na contorna do río Rato

Será nun complexo que queda ao carón da comisaría provincial, entre a Rolda da Muralla e a rúa Chantada na cidade de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo asignou este venres, tras a xunta de goberno provincial, outros 54 hortos urbanos, na contorna do río Rato, de forma que xa ascenden a 109 as parcelas ocupadas.

Diso informou o presidente provincial, José Tomé, quen explicou que esta adxudicación se fixo a través dun proceso de concorrencia competitiva, no que primaron criterios sociais como vén sendo habitual. Así, entre outras cuestións, tívose en conta o estar en situación de desemprego, ser representante dun centro educativo ou traballar para un colectivo social, entre outros méritos de calado social”.

“No mes de marzo entregamos xa 55 hortos urbanos do Intre entre os usuarios e usuarias que xa traballan neles e, con esta nova asignación de 54 parcelas, suman xa 109 os hortos adxudicados dos 150 habilitados”, explicou para precisar que, para cubrir os outros que quedan libres, abrirase un novo procedemento nos próximos meses”.

Na xunta de goberno tamén se aprobou “a licitación, por un importe de 54.450 euros, do contrato para a prestación do servizo de mudanza e traslado de diferentes servizos da deputación ao Fogar de Santa María, despois das obras que desde hai anos veñen facendo para rehabilitar varios pavillóns”.

Unha vez concluídas os traballos no Fogar de Santa María “procédese agora á contratación do traslado de mobiliario e equipamento, das mudanzas dos servizos que van ir para alí”. En concreto, trátase dos servizos de recadación, os de cooperación e asistencia aos concellos, o servizo de medio ambiente, formación e asistencia xurídica”.

Tomé confía en que, a mediados de setembro, xa todos estes servizos sexan trasladados a ese complexo que queda ao carón da comisaría provincial, entre a Rolda da Muralla e a rúa Chantada na cidade de Lugo.

ÚLTIMAS

Detido en Vilalba por golpear cunha botella de cristal na cabeza a outro home

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Vilalba a un veciño de Lugo, de 47...

Iniciativas do PSdeG para reclamar un Plan de Rescate das pallozas do Piornedo

O Partido Socialista de Galicia presentará unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia...

Trasladan en helicóptero a un operario despois dunha caída nun parque eólico en Muras

Un operario resultou ferido este martes ao sufrir unha caída cando traballaba nun parque...

Xulgan a un administrador concursal que se apropiou indebidamente de 112.800 euros da sociedade

A Audiencia Provincial de Lugo fixou para o vindeiro martes, día 4, o xuízo...