InicioAncaresBecerreáO túnel de Cereixal, en Becerreá, o primeiro de España en ter...

O túnel de Cereixal, en Becerreá, o primeiro de España en ter rede 5G

Os condutores poderán recibir nformación sobre condicións meteorolóxicas, obras, avisos de vehículo lento, posible conxestión, accidente ou obstáculos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O túnel de Cereixal da A-6 convertéronse no primeiro de toda a rede viaria de España en contar con cobertura de 5G, unha tecnoloxía que permitirá enviar información e avisos aos condutores que transiten polo seu interior.

A instalación desta rede en Cereixal formou parte dun proxecto impulsado por Telefónica en colaboración con Nokia, Ineco, Stellantis, Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e SICE, que permitiu a sensorización e dotación deste sistema, pioneiro nas estradas españolas.

Trátase, segundo traslada a operadora telefónica nun comunicado remitido este mércores, de “un avance cara á estrada intelixente que se comunica cos vehículos conectados e ofrece así unha asistencia á condución”.

Deste xeito, os condutores que transiten por Cereixal poderán recibir nos seus vehículos de información sobre condicións meteorolóxicas, obras, avisos de vehículo lento, posible conxestión, accidente, obstáculos na estrada, presenza de peóns, vehículo en sentido contrario ou freada brusca durante o seu traxecto polo mesmo, ademais do aviso de entrada dun vehículo de emerxencias.

O sistema emprega as características das comunicacións vehicularse C-V2X e de sensorización IoT, que se conectan con sensores e cámaras instaladas no túnel, o que permite monitorar o estado da infraestrutura e remitir a información aos vehículos.

A iniciativa enmárcase no proxecto ‘Piloto 5G Galicia’ que, baixo o impulso do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través de ‘Red.es’, busca avanzar na dixitalización das estradas, co foco posto nos túneles polas súas características, que fan que requiran unha “atención moi especial”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...