InicioTerra CháCospeitoSOS para recuperar Caldaloba, unha das grandes torres do medievo galego

SOS para recuperar Caldaloba, unha das grandes torres do medievo galego

Entidades culturais da Terra Cha, concentráronse ante a torre de Caldaloba, no concello de Cospeito, para reclamar a pota en valor desta fortaleza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis dun cento de persoas, convocadas por diversas entidades culturais da Terra Cha, concentráronse ante a torre de Caldaloba, no concello de Cospeito, para reclamar a recuperación desta fortaleza. Esta protesta, que se realizou baixo o ema ‘Recuperarmos o noso patrimonio. Recuperarmos a nosa historia’, contou co apoio de diferentes representantes do BNG.

A fortaleza viviu a resistencia da nobreza galega fronte aos Reis Católicos ao final da Idade Media, pero actualmente atópase nun estado de degradación. Os manifestantes reclaman a implicación da Xunta para que se realice unha actuación inmediata que consolide a súa estrutura, así como un proxecto de rehabilitación e a posta en valor do inmoble e a contorna.

O Bloque presentou iniciativas no Concello, Deputación e Xunta para impulsar a recuperación dun edificio que foi declarado de interese cultural en 1994. O evento foi convocado por Fundación Manuel María, Xermolos, Xotramu, IESCHA, Madia Leva, Nova Poesía Guitirica e AC Poeta Avelino Díaz, entre outros.

O acto contou coas intervencións do divulgador cultural Orlando Viveiro e o profesor da Universidade de Oviedo e estudioso de Caldaloba, Antón Meilán, que incidiron en impórtaa histórica e patrimonial dun lugar que foi escenario da resistencia de Constanza de Castro –filla do Mariscal Pardo de Cela– e do seu marido, Fernán Ares de Saavedra, ao asedio de 1484.

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Carmela López mostra á reitora da USC o espazo de investigación na Granxa Gayoso

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Deputado de Formación, Ensino...