InicioSociedadeO Concello de Lugo manobra para deixar atrás o "desfeito" centro de...

O Concello de Lugo manobra para deixar atrás o “desfeito” centro de saúde do Sagrado Corazón

As instalacións pertencen a Abanca.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia e o Concello de Lugo colaboran para que o centro de saúde do barrio do Sagrado Corazón se sitúe no antigo colexio, instalacións que pertencen a Abanca. Precisamente, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o delegado da Xunta na provincia, Javier Arias, acudiron a un encontro con directivos da entidade financeira para estudar con eles esta posibilidade.

O delegado recoñeceu que o Concello “leva tempo buscando un emprazamento”. “E nós queremos cambiar o centro de saúde e melloralo e unha das alternativas é o colexio do Sagrado Corazón”, abundou. “É unha reunión técnica, tampouco queremos adiantar nada. A nosa disposición é facelo en calquera sitio, se é no colexio do Sagrado Corazón ou nunha parcela que nos poña a disposición o concello”, comprometeu.

Pola súa banda a alcaldesa xustificou que con esta localización no vello colexio búscase que “non quede en estado de abandono”. “Ademais unha infraestrutura non usada nun barrio emblemático como é o Sagrado Corazón, un barrio peculiar polo perfil dos veciños ao ser unha poboación envellecida, o feito de que podamos facer infraestruturas cómodas e alcanzables permite que a xente poida seguir vivindo no barrio”, destacou.

Méndez indicou que isto obedece ao que se acordou no seu día co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que por motivos de axenda finalmente non puido acudir a Lugo este mércores.

ÚLTIMAS

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e circulaba en sentido contrario

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba en...

Candia presenta 50 propostas para incluír nos próximos orzamentos do Concello

A portavoz do Grupo Municipal Popular de Lugo, Elena Candia, presentou unha batería de 50...

Localizado en Lugo un mozo fuxido dun centro de menores

A Policía Local de Lugo localizou o pasado domingo, día 12 de xaneiro, a...