InicioSociedadeFeijóo reivindica a alianza "intensa e leal" de administracións e entidades sociais...

Feijóo reivindica a alianza “intensa e leal” de administracións e entidades sociais para a inclusión sociolaboral

Destaca o traballo realizado en Alar Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou este mércores en Lugo a importancia da alianza “intensa e leal” entre as administracións e as entidades sociais para lograr a inclusión sociolaboral das persoas desfavorecidas.

Nesta liña, referiuse, durante o acto de celebración do seu vixésimo aniversario, ao traballo que está a desenvolver Alar Galicia; un labor que, segundo salientou, “realza e amplifica” o que se fai desde os servizos públicos. “O voso compromiso, a vosa ilusión e a vosa vocación de servir multiplican o efecto dos máis de 1.200 millóns de euros que a Xunta dedica ás políticas sociais, á igualdade entre homes e mulleres e a garantir a dignidade a través do traballo”, afirmou.

Fíxoo antes de incidir en que, con esta cifra “marca”, o Executivo autonómico responde a un esforzo do tecido social que tamén é de marca, especialmente nos momentos nos que máis se necesita.

O EMPREGO, “A MELLOR POLÍTICA SOCIAL”

Ademais do traballo que desenvolven os profesionais de Alar Galicia con menores de idade que proveñen de familias desestructuradas, con persoas en risco de pobreza ou inmigrantes e con adolescentes que presentan condutas sexistas ou violentas, Feijóo quixo resaltar, tamén, a traxectoria dos galardoados.

Entre eles, o centro de menores Santo Anxo de Rábade, comprometido con que os nenos en situación de desprotección fagan unha transición á idade adulta nunha contorna segura; o departamento de orientación do IES Xoán Montes, xa que “en todos os centros educativos de Galicia axúdase cada día a moitos mozos a atopar o seu camiño”; e de Aspnais, “en cuxo centro ocupacional moitos mozos descubriron que as súas capacidades desbordan con moito á súa discapacidade”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...