InicioSucesosA Policía Científica remata de recoller probas para analizar e coñecer a...

A Policía Científica remata de recoller probas para analizar e coñecer a orixe do incendio do Ceao

Os axentes realizaron “o percorrido inverso ao que fixo o lume” para chegar á orixe do mesmo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE |  Os axentes da Brigada Provincial de Policía Científica de Lugo e Madrid deron por finalizado “o traballo de campo” para determinar a orixe do incendio do Ceao, iniciado o pasado 11 de abril.

Segundo a información facilitada a Efe pola Comisaría provincial, os axentes que participaron na investigación, na que se solicitou mesmo a colaboración de guías caninos para detectar a posible presenza de “acelerantes”, realizaron “o percorrido inverso ao que fixo o lume” para chegar á orixe do mesmo.

Para completar a investigación, ademais da inspección ocular, “recolleron todo tipo de indicios” que agora serán analizados en diversos laboratorios do Corpo Nacional de Policía para chegar a unha conclusión. Posteriormente, ese informe elaborado pola Científica será remitido á Policía Xudicial, que se ocupará do seu traslado ao Xulgado.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...