Home Lugo e contorna Lugo A Xunta asina convenios para a intervención con menores agresores e acoller vítimas de explotación sexual

A Xunta asina convenios para a intervención con menores agresores e acoller vítimas de explotación sexual

0
A Xunta asina convenios para a intervención con menores agresores e acoller vítimas de explotación sexual
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana | Xunta

A conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, desprazouse este martes a Lugo, onde asinou senllos convenios con Alar Galicia e Aliade Ultreia para axudar, por unha banda, na rehabilitación de agresores menores de idade e, por outra, facilitar o acollemento de vítimas de trata con fins de explotación sexual.

O primeiro dos convenios asinados, na sede de Alar Galicia, permitirá dar continuidade por segundo ano consecutivo ao Proxecto Fénix, que traballa na prevención e intervención cos menores que exercen violencia de xénero contra as súas parellas ou exparejas e con aqueles que manifesten condutas machistas na súa contorna. Ata agora, esta iniciativa permitiu atender a 33 menores.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts