InicioSociedadeA Deputación de Lugo di que a residencia de Pedrafita abrirá esta...

A Deputación de Lugo di que a residencia de Pedrafita abrirá esta primavera

Adxudica as prestacións básicas da residencia de Pedrafita como paso previo á súa apertura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O responsable de Promoción Económica da Deputación de Lugo, Pablo Rivera, anunciou, tras a Xunta de Goberno provincial, a aprobación de “a adxudicación do servizo de prestacións básicas do centro de maiores de Pedrafita do Cebreiro“, paso previo para a súa inminente apertura.

Así, segundo explicou, “este xa é o último paso, o definitivo, que vai permitir abrir ese centro“. O contrato, destacou, “inclúe os servizos de cociña, de limpeza e de asistencia”. “O adxudicatario e o que vai levar a cabo a posta en marcha destes servizos será a Fundación Camiño Social, terá unha duración dun ano e o importe ascende a 651.000 euros”, debullou.

Rivera lembrou que “a principios do mes de marzo” finalizouse o equipamento desta residencia, un centro que contará con 30 prazas de residente e 20 de centro de día. A previsión é que “ao longo desta primavera, nun período curto de tempo, esa residencia vai estar en marcha”.

“Seguimos ese modelo de xestión, xa recoñecido fóra da provincia, como un modelo facía o que teñen que ir eses centros de maiores, un modelo que fixe poboación, que permita que a xente non se desarraigue e sigan nese territorio. Ese é o modelo da Deputación”, presumiu.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo denuncia que o Goberno central leva sete anos sen cubrir as prazas de médicos do ISM

Os senadores do PP de Lugo denunciaron que o Goberno de España mantén sen...

PSOE e BNG confían en aprobar os orzamentos de Lugo de 131,9 millóns nun pleno de incertezas

PSOE e BNG están convencidos de que os orzamentos para 2026, que foron presentados...

A Deputación arranxará o muro caído na estrada Lugo-Guntín

A Deputación arranxará de forma inmediata un muro da estrada provincial LU-P-2913, que une...

Lugo Monumental celebra a súa asemblea anual reelixindo a Luis Latorre como presidente

Lugo Monumental celebrou o martes día 3 de febreiro ás 16:00 a súa asemblea...