InicioMedioambiente e PatrimonioAchados restos dunha 'domus romana' do século III no barrio lucense do...

Achados restos dunha ‘domus romana’ do século III no barrio lucense do Carme

O Concello ofrecerá visitas guiadas por esta edificación que, ao parecer, tiña carácter "artesanal", en relación á actividade da olaría.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, informou este luns da aparición dunha ‘domus romana’ no barrio da Carme, nun lateral da capela que leva o mesmo nome.

O descubrimento desta vivenda produciuse dentro das prospeccións arqueolóxicas que levan a cabo nesa zona, por onde tamén transcorre o Camiño Primitivo. Lara Méndez concretou que “nas inmediacións pode haber o que pode ser un posible lugar de almacenaxe”. “O que hoxe coñecemos como despensas de cociña”, abundou.

Así mesmo, avanzou que se seguirán con “as prospeccións, de aumentar estas catas”. “Porque vemos que poida haber riqueza que poña en valor a nosa historia”, resaltou. “Trátase de pór en valor todo o noso pasado romano e queremos seguir redescubríndoo e ver que achados novos nos imos a atopar”, engadiu.

Á súa vez, Lara Méndez anunciou que “todo aquel que o queira visitar in situ porase a disposición, a través do servizo de arqueoloxía do Concello, visitas guiadas para as que haberá que anotarse previamente. A intención é empezar o vindeiro sábado”.

Pola súa banda, o arqueólogo municipal, Enrique González, pormenorizou que podería tratarse dunha “primeira ocupación do século primeiro”. “E o que se ve agora, intuímos que pode ser do século terceiro”, abundou.

Así mesmo, González detallou que o que se observan “son os restos dunha edificación”, cren que “de carácter artesanal”. “Non parece a típica domus romana que estaría vinculada á vía romana que discorría na leira do lado. Sabemos que nesta zona había presenza de fornos cerámicos, unha especie de barrio oleiro, e cremos que pode estar relacionado con iso”, concluíu o arqueólogo do Concello de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...