InicioMedioambiente e PatrimonioO Parque Central de Galicia, en Antas de Ulla, contará con máis...

O Parque Central de Galicia, en Antas de Ulla, contará con máis de 45.000 metros cadrados

A Deputación presentou hoxe o proxecto aos veciños e resaltou que será un "motor da economía" para a provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, reivindicou como un “proxecto de provincia” o Parque Central de Galicia, que sumará máis de 45.000 metros cadrados e situarase en Antas de Ulla (Lugo), o centro xeográfico da comunidade.

A iniciativa foi presentada este sábado na localidade lucense polo presidente da Deputación Provincial, que afirmou que permitirá pór en valor este recurso natural e exercerá como “un revulsivo” para a economía de Antas de Ulla e a comarca.

Nesta liña, defendeu a aposta da institución que preside polo “reequilibrio territorial” dada a súa utilidade para fixar poboación no rural mediante a creación de actividade e emprego. Tomé tamén se dirixiu aos veciños asistentes ao acto e mostrou a súa esperanza de que “se sintan orgullosos do seu parque”, que o perciban como “propio” e que o gocen “sen deixar de ver a súa utilidade como motor da economía desta zona da provincia de Lugo”.

Ademais, explicou que a orixe da iniciativa atópase nunha proposta da deputada Pilar García que el apoiou ao considerala “unha moi boa forma de facer provincia desde Antas de Ulla”. Tamén destacou a aposta por pór en valor a riqueza natural, a flora e as árbores da zona mentres se promociona a zona como reclamo turístico.

COMO SERÁ?

En concreto, o espazo natural está formado por unha masa arbórea autóctona de carballos, bidueiros e piñeiros que se conservarán debido ao seu valor ambiental.

Así mesmo, o Parque Central de Galicia contará con máis de 45.000 metros cadrados de extensión, un pórtico de entrada visible desde a LU-0301, en Nugallás, e unha praza cun monólito que se situará no punto medio da superficie da comunidade. Do mesmo xeito, construiranse unha estrutura aberta polos laterais que poderá acoller actividades e un edificio multiusos con varias dependencias.

O proxecto da Deputación de Lugo inclúe a creación dun aparcadoiro paralelo á LU-P-0301 e carreiros e paseos que poderán ser percorridos polos visitantes. O obxectivo pasa por crear un espazo de lecer que disporá dun parque infantil con diferentes zonas de xogo adaptadas a todas as idades, fontes e mobiliario como bancos e mesas de pedra.

ÚLTIMAS

Achado morto ao octoxenario desaparecido en Láncara

Un octoxenario foi achado este sábado sen vida tras levar varias horas desaparecido no...

Colisión frontal en Lugo deixa tres persoas hospitalizadas

Tres persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada tras unha colisión...

O Concello de Lugo reclama á Xunta a recuperación inmediata do antigo cuartel de San Fernando

O Concello de Lugo reclamou á Xunta que execute de inmediato a recuperación do...

A Deputación de Lugo impulsa unha campaña para apoiar ás familias na volta ao cole

A Deputación de Lugo e a Federación Galega de Comercio lanzaron este venres na...