InicioSociedadeFarmacias de Lugo ofrecerán proximamente probas PCR en saliva

Farmacias de Lugo ofrecerán proximamente probas PCR en saliva

Este sistema xa está implantado nas cidades de Pontevedra e A Coruña. Dende a súa posta en marcha tomáronse máis de 41.000 mostras.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade estenderá a todas as farmacias de Galicia a realización de probas PCR en saliva, co obxectivo de que “os galegos poidan acudir á súa farmacia para solicitar” unha delas se así o desexan. Así o avanzou este martes o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, durante unha comparecencia no pleno do Parlamento para explicar a situación da pandemia de covid-19.

Tras a implantación das probas PCR en saliva nas farmacias de Pontevedra e A Coruña, o “novo obxectivo” da consellería é pór estas probas “a disposición dos galegos sempre que o necesiten”, estendéndoas a todas as farmacias galegas. Os contactos xa están iniciados tanto con Ourense como con Lugo.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...