InicioSociedadeO cribado realizado pola Deputación ao seu persoal sáldase sen positivos

O cribado realizado pola Deputación ao seu persoal sáldase sen positivos

Fixéronse tests rápidos de antíxenos a case 200 traballadores da institución provincial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo realizou un cribado a case 200 traballadores do seu cadro de persoal, todos eles con resultado negativo en Covid-19.

Así o informou esta institución provincial nun comunicado, no que explica que desde o inicio da pandemia adoptou “todo tipo de medidas para previr novos casos de Covid-19” entre o seu persoal.

Por iso, a semana pasada realizou un cribado a 200 traballadores que consistiu nun test rápido de antíxenos con mostra de saliva, cuxo resultado se obtiña en 15 minutos despois da recollida da mostra.

Un 50 por cento do persoal dos diferentes departamentos da institución acudiu ao cribado para a detección do virus, indica a Deputación de Lugo.

Esta medida, puntualiza a institución, súmase á “loita do goberno provincial ante a pandemia para a protección do cadro de persoal e os veciños da provincia”. “A pesar dos resultados favorables neste cribado, nas dependencias provinciais seguiranse mantendo as medidas xerais de prevención, ventilando as oficinas e mantendo o uso obrigatorio da máscara”, concluíu a Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...