InicioEconomíaOs hostaleiros de Lugo cifran no "30 ou 40%" os locais que...

Os hostaleiros de Lugo cifran no “30 ou 40%” os locais que terán que pechar pola covid

A Asociación Provincial prevé esixir unha relaxación das restricións a partir da próxima semana.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo (APEHL), Cheché Real, confía que se “flexibilicen” as restricións, por parte da Xunta de Galicia e do comité clínico, ao sector a partir da próxima semana.

Real explicou que esperan “os resultados dos contaxios despois da ponte de San José e de Semana Santa” para, “a partir de aí, esixir”. “Si os resultados son óptimos, ese premio polo bo comportamento, polo bo seguimento das pautas e protocolos sanitarios”, afirmou para pedir que iso se traduza nunha “flexibilización” a esas limitacións que padece a hostalaría en canto “a horarios” e tamén en menos barreiras de acceso ao os locais.

“Isto é básico para o desenvolvemento e ter unha calidade mínima de ingresos e liquidez nas empresas de hostalaría”, advertiu o presidente da APEHL. En canto a peches neste ano de pandemia, Cheché Real deixa esas estimacións para despois do verán pero xa avanza que podería situarse “entre o 30 e o 40 por cento” dos negocios da provincia de Lugo.

“A mediados ou finais do verán vaise a aclarar sobre cantos pecharon. Xa veremos pero vai haber unha caída importante e van pechar moitos por motivos económicos”, sinalou Real, que precisa que, na actualidade, un “30 ou 40 por cento dos establecementos poden verse abocados a baixar a persiana”. Cheché Real, que foi reelixido á fronte do sector en Lugo, afronta este mandato desde o horizonte de “unha etapa nova, diferente e difícil”.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...