InicioSociedadeSan Xiao de Mos, en Castro: de case 1.700 leiras a 435...

San Xiao de Mos, en Castro: de case 1.700 leiras a 435 tras concluír a concentración parcelaria

A Consellería de Medio Rural dá por finalizado o proceso mediante o cal cada parcela aumenta de media de 2.600 a 10.000 metros cadrados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Medio Rural deu por finalizada a concentración parcelaria de San Xiao de Mos, no municipio Castro de Rei, coa entrega de 435 títulos a máis de 260 veciños.

O conselleiro de Medio Rural, José González, destacou que a reorganización desta zona permitiu pasar de 1.687 a 435 leiras. De tal forma, cada parcela aumenta de media de 2.600 a 10.000 metros cadrados.

O Goberno galego investiu máis de 1,5 millóns de euros neste proceso de reestruturación parcelaria levado a cabo no municipio lucense.

O conselleiro subliña o obxectivo de “axilizar” estes procesos, despois das últimas entregas de títulos en municipios como Touro, Coristanco, Riotorto e Baltar, á vez que se prevé iniciar novos procesos.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...