InicioSociedadeSae da Uci do Hula o neno ingresado con shock tóxico

Sae da Uci do Hula o neno ingresado con shock tóxico

O menor pasou a planta e evoluciona favorablemente, segundo indica o Sergas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O neno de dez anos ingresado a principios de semana na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) Pediátrica do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) con shock tóxico vinculado ao coronavirus pasou este venres a planta e evoluciona “favorablemente”.

Así o confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, que sinalaron que o menor finalmente deixou este venres a Unidade de Coidados Intensivos.

O neno levaba desde o luns ingresado na UCI Pediátrica do HULA. Actualmente xa recibiu a alta epidemiolóxica tras pasar hai semanas a Covid-19, pero foi ingresado debido ás consecuencias deste coronavirus.

Respecto diso, o xefe de Pediatría do HULA, Roberto Pérez Pacín, comentou este mércores pasado que se trata do primeiro caso que atenden de shock tóxico, que se presenta con febre elevada e dor abdominal, como neste menor que levaba tres días con “picos de 40”.

En concreto, o xefe de Pediatría do HULA explicou que pasou “un mes” desde que este neno tivo a Covid ata que desenvolveu este shock, pero noutros casos “poden ser entre e seis semanas”, matizou.

+ posts

ÚLTIMAS

Darío Villanueva será Fillo Predilecto de Vilalba pese absterse o BNG e non ter a unanimidade do pleno

Darío Villanueva será nomeado Fillo Predilecto de Vilalba despois de que a proposta por...

Besteiro pechará a campaña en Lugo

Os principais partidos de Galicia teñen unhas apertadas axendas para a xornada final da...

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...