InicioSociedadeDe Cospeito ao McDonald's: unha granxa do Arneiro produce leite para o...

De Cospeito ao McDonald’s: unha granxa do Arneiro produce leite para o queixo da multinacional

A compañía instalou un tótem simbólico e de maneira temporal para indicar que "todo ten unha orixe" e, neste caso, é Granxa Grixeira.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os campos xestionados por Granxa Grixeira, situados no Arneiro (Cospeito), son o lugar do cal procede parte do queixo que McDonald’s utiliza nas súas cociñas, e que á súa vez elabora Queserías Entrepinares, do tamén lucense concello de Vilalba.

Por iso, no Arneiro, unha parroquia de pouco máis de 70 habitantes situada a 30 quilómetros da capital lucense, a cadea de restaurantes puxo en marcha a instalación, temporal e simbólica, dun dos seus distintivos tótem para reivindicar a procedencia da súa cadea de subministración, co lema “Todo ten unha orixe”.

A historia de Granxa Grixeira é un exemplo de substitución xeracional. En 2018, os mozos Zeltia González e Pepe García decidiron unirse para dar continuidade a unha explotación familiar con máis de medio século de historia.

A súa colaboración con Entrepinares arrincou en xaneiro de 2020. Alí van parar os preto de 165.000 litros de leite que producen as súas vacas cada mes, e que se destinan, en parte, á fabricación dalgunhas das variedades de queixo que utiliza McDonald’s na súa carta de produtos.

Tanto Pepe García como Zeltia González proclaman que “se o campo deixa de producir, para o mundo”. “Por iso é tan importante que se dea visibilidade ao traballo de tantas persoas, e ao esforzo e a dedicación que poñemos en ofrecer o mellor produto dunha forma sustentable e perdurable no tempo”, resaltan.

A IMPORTANCIA DA ORIXE

McDonald’s puxo en marcha este proxecto por mor dun estudo realizado en colaboración con Sigma Dos, a principios deste ano, que revela que a crise sanitaria levou á cidadanía a priorizar o produto de orixe local na súa intención de compra.

No caso concreto de Galicia, o interese pola orixe local dos alimentos supera á media nacional, xa que para un 98% dos galegos é importante ou moi importante coñecer a orixe dos alimentos que consome, xa sexa en comercios ou en restaurantes.

Un 46% prioriza a compra de produtos de orixe local, un 56% faino para axudar os produtores nacionais e un 50% considera que os produtos de orixe local teñen maior calidade que aqueles que non o son (superando á media nacional, situada nun 47% dos españois).

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...