InicioSociedadeO novo proxecto de Oliver Laxe mira de preto a 'Gandería heroica'...

O novo proxecto de Oliver Laxe mira de preto a ‘Gandería heroica’ dos Ancares

O cineasta súmase á campaña da cooperativa A Carqueixa para promocionar o modo de vida e o produto cárnico que comercializan na comarca.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O cineasta Oliver Laxe e o presidente da cooperativa A Carqueixa, José Antonio Díaz, presentaron este luns unha campaña audiovisual en liña para promocionar e difundir a ‘Gandería Heroica’ dos Ancares.

O proxecto, dirixido polo cineasta, darase a coñecer nas redes de ‘O Sabor dos Ancares’, a iniciativa de comercialización directa de tenreira galega suprema da cooperativa.  Tratarase de vídeos curtos a través dos cales Laxe difunde as artes, manexos e maneira de vivir das persoas que integran a cooperativa, habilidades que considera unha ‘Gandería Heroica’ que mantén vivos Os Ancares. Nas pezas saen persoas e animais que actuaron na premiada película O que arde.

“Estamos a falar de moitas décadas na que o mundo lles dixo que o que facían non era lóxico nin rendible nin racional. Con todo en contra, coidaron dos Ancares con esas invisibles vacas libres que salpican a paisaxe, esas que fan a transhumancia ata Os Ancares bercianos, con todo o que iso implica a nivel cultural, paisaxístico e ambiental”, destaca Oliver Laxe.

Ademais, subliñou que esta campaña pon o foco “sobre o traballo milenario” que se segue facendo nesta zona a través do pastoreo extensivo, e asegurou que cando se compra esta carne “está a protexerse un modo de vida e uns valores” que garanten a biodiversidade dos Ancares. “Esta gandería heroica, estes veciños que quedaron aquí, foi o que mantivo acesa a chama da candea dos Ancares”, resume.

COMERCIALIZACIÓN DIRECTA

Actualmente, a cooperativa A Carqueixa está centrada na súa iniciativa de venda directa ao consumidor, ‘O Sabor dos Ancares’. A través da web, comercializan a súa tenreira galega suprema en lotes e ao corte, que chega directa á casa dos consumidores unha vez fan o seu pedido na tenda en liña.

O proxecto conta con menos de dous anos de vida e supón xa o 30% das vendas da cooperativa. Entre outros clientes, destaca a aposta por esta carne realizada desde Inditex para os seus comedores.

+ posts

ÚLTIMAS

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

O PP recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa de Guitiriz

O PP de Guitiriz recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa ao consideralo...

O PSdeG de Muras acusa ao BNG de impedir intervir á súa voceira

O PSdeG de Muras denunciou que o alcalde, Manuel Requeijo, impediu intervir á voceira...