InicioSociedadeTodas as probas negativas no primeiro día de cribado universitario no Campus...

Todas as probas negativas no primeiro día de cribado universitario no Campus Terra

Participou o 61% do alumnado convocado para a xornada de onte: 1.054 dos 1.735 estudantes citados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O cribado para detectar casos de Covid-19 entre asintomáticos no Campus de Lugo arrincou onte. Nesa primeira xornada, na que houbo un 61% de participación, non se detectou ningún positivo.

Así o manifestou o xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares, quen informou de que “estaban chamados a participar 1.735 alumnos e acudiron  1.054” á Facultade de Veterinaria, lugar onde se realizan as probas de antíxenos.

Este primeiro cribado coincidía co “inicio” da actividade presencial na universidade tras o alivio das restricións. A vicerreitora de Coordinación, Montserrat Valcárcel, agarda que nos vindeiros días a participación sexa máis alta.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...