InicioMedioambiente e PatrimonioOuteiro de Rei reclámalle á Igrexa 46 bens dos que se apropiou...

Outeiro de Rei reclámalle á Igrexa 46 bens dos que se apropiou ao abeiro da lei de Aznar

A moción, aprobada por unanimidade, partiu do BNG, que insta a recuperar este "patrimonio público": aparcadoiros, camiños e campos da festa

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno do Concello de Outeiro de Rei, gobernado polo popular José Pardo, aprobou por unanimidade reclamarlle á Igrexa os 46 bens inmatriculados “incorrectos”  coa lei que impulsou no seu día José María Aznar no Goberno como campos da festa ou camiños.

A reclamación partiu do BNG, que logrou que esta moción fose aprobada nun pleno no que o portavoz do grupo nacionalista, Xosé Ferreiro, avanzou que con esta acción se tentan  “recuperar os bens públicos propiedade da Igrexa e que rexistrou sen ningún tipo de documentación acreditativa, que son de uso público pero non dedicados ao culto relixioso”.

O nacionalista debullou que se trata, sobre todo, de “aparcadoiros, campos da festa e  mesmo camiños dos que a Igrexa se apropiou indebidamente ao amparo da lei de Aznar”.

Tras a aprobación, o Consistorio “deberá reclamar” e recuperar “pola vía precisa este tipo de bens para o que é o patrimonio público” e dáse un prazo dun ano “para que actúe en consecuencia e reclame eses bens”.

Ademais, hai casas reitorais que, aínda que non son de uso público, “foron construídas con achegas dos veciños e na época franquista eran de todo menos voluntarias”. “Eses bens teñen que volver ao patrimonio público”, demandou. Mesmo puxo especial énfase na casa reitoral do municipio, que se vai a destinar a un centro de día e pola que tivo que pagar o Concello de Outeiro de Rei.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...