InicioSociedadeOs hostaleiros reclaman maior control sobre as festas en pisos por ser...

Os hostaleiros reclaman maior control sobre as festas en pisos por ser focos de contaxio

O presidente da Apehl, Cheché Real, insistiu en que bares e restaurantes non son causantes da proliferación de casos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría, Cheché Real, reclamou un maior control sobre as “festas en pisos” por ser un foco de contaxios.

Así, Real comentou que a “relaxación” das restricións en Lugo a partir deste venres supón certo “alivio”, aínda que “economicamente non supón nada salvo unha esperanza de que a próxima semana nos poidamos mover nuns parámetros de apertura maiores se isto segue baixando.

“Eu penso que está demostrado que a hostalaría non é a causante dos contaxios. Con todo, hai que buscar e dar con eles, sobre todo vixiar eses pisos onde se fan festas e que proliferan en todo o territorio nacional e é onde verdadeiramente se producen eses contaxios porque non se toma ningunha medida, nin se respectan os protocolos de seguridade”, lamentou.

RECURSO ANTE O TSXG

Cheché Real explicou que aínda seguen á espera do “contencioso” presentado ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que lles permita unha “maior apertura”, e que rexistraron o pasado 9 de decembro. O anterior foi tombado, pero aínda así mantén a esperanza dunha resolución favorable aos intereses do sector.

“Se nos fixamos no do País Vasco aquí non ten nada que ver, pero nós seguimos pelexando para que se consiga unha maior apertura das nosas empresas e, se non, o que reclamamos é unha indemnización precisamente porque non se nos deixa traballar, nin facturar, que é o obxectivo dunha empresa cando se crea”, concluíu o presidente dos hostaleiros de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...