Home A Ulloa A Xunta deféndese das críticas sobre os proxectos eólicos e di que non poñen en risco o medio

A Xunta deféndese das críticas sobre os proxectos eólicos e di que non poñen en risco o medio

0
A Xunta deféndese das críticas sobre os proxectos eólicos e di que non poñen en risco o medio
Aeroxeradores. CEDIDA - Arquivo

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, defende que a Xunta non autoriza “ningún” proxecto eólico que “sexa incompatible” co medio ambiente. Na comisión de Ordenación Territorial, o deputado do BNG Luís Bará cargou contra a política eólica do PP, que deixa “espazos arrasados”, e puxo como exemplo o promontorio do Roncudo, en Corme.

Acusou a Xunta de que “impediron” a ampliación da Rede Natura para favorecer a instalación de 35 parques en zonas como as serras da Groba, Suído, Xistral, así como  na Costa da Morte e Costa Ártabra, entre outros. En resposta, Paula Uría sinalou que o Goberno galego só autoriza proxectos que conten con “todas as garantías” a través dun desenvolvemento “ordenado” e unha planificación “definida”, que inclúe a protección de espazos naturais.

Asegurou que non se puxo ningún proxecto en Rede Natura desde o ano 2009, pero lembrou que houbo “seis” neses espazos co bipartito. 

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here