InicioSociedadeA alcaldesa de Guitiriz apunta á cepa británica como causa da explosión...

A alcaldesa de Guitiriz apunta á cepa británica como causa da explosión de positivos

O coronavirus segue descontrolado no municipio e prevese que a incidencia aínda continúe medrando nos vindeiros días.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O municipio de Guitiriz segue cos casos de coronavirus disparados. A alcaldesa, Marisol Morandeira, prevé que os positivos continuarán en aumento e apuntou que a cepa británica da Covid-19 podería estar detrás da alta incidencia da pandemia no concello.

En concreto, a Consellería de Sanidade informa de que se confirmaron 113 positivos nos últimos 14 días, de modo que a incidencia acumulada está por riba dos 2.000 por cada 100.000 habitantes. “Comezamos a semana con 123 casos activos, segundo nos confirman desde o centro de saúde, e isto non para de subir”, advertiu a rexedora de Guitiriz.

E é que a alcaldesa ten claro que ao longo desta semana os casos seguirán medrando debido a dous cribados que se realizarán no instituto e no CEIP Santo Estevo de Parga: “Estamos a falar de menores. Onde aparece un menor o normal é que dean tres ou catro positivos máis”, precisou.  Ademais, engadiu que nas unidades de convivencia a xente non usa máscara, polo que “é normal que aparezan máis casos”. “Hai que contar que esta semana vaia subindo (a incidencia)”, vaticinou.

UNHA CEPA MÁIS CONTAXIOSA

Morandeira tamén aludiu á variante detectada en Reino Unido como responsable desta subida “polo contraste de distintas mostras que parecen apuntar que parte dos contaxios veñen desa cepa, que é máis contaxiosa”.

Insistiu na alta incidencia que deixa a mutación do virus “pola maneira en como estourou todo, con eses contactos tan rápidos en menos de cinco días” que subiron o total de casos por encima do centenar: “Isto fai ver que poida estar detrás”.

Finalmente, a alcaldesa de Guitiriz explicou que os seus veciños poden estar autoconfinándos. Así, explicou que xa a semana pasada “a xente andaba menos polo centro urbano e había menos actividade”.

RESULTADOS DO CRIBADO

A elevada incidencia motivou a realización de cribados por parte do Sergas. O xerente da área sanitaria, Ramón Ares, informa de que se detectaron tres positivos nas 506 mostras recollidas o xoves pasado no municipio. O cribado centrábase, por un lado, no sector servizos e, polo outro, en completar as probas no colexio e entre os usuarios do centro de día.

ÚLTIMAS

O PP reclama ao Goberno solucións ante a “grave deterioración” da N-6 en Becerreá

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel...

Os gandeiros manteñen a protesta indefinida en Lugo e advirten de que Mercosur traerá “pobreza e lumes”

Os gandeiros e agricultores galegos continúan en pé de guerra contra o acordo comercial...

A Fiscalía pide 20 anos de cárcere para un home acusado de agredir sexualmente a un menor contactado por Tinder

A Audiencia Provincial acolleu este martes o xuízo contra un home de 34 anos,...

O PPdeG denuncia que o PSOE e o BNG consumarán en Lugo un “pacto porco” cun presunto agresor sexual

O PPdeG asegurou que o Partido Socialista e o BNG consumarán este mércores o...